Axenda de febreiro

Este mes de febreiro promete. Primeiro, porque este ano regálanos un día a maiores para que poidamos sacarlle ben partido. Segundo, porque vén cheo de datas especiais que invitan á xoldra. E terceiro -e máis importante-, porque é o último do inverno astronómico (que non metereolóxico, por desgraza). Así que non perdas o tempo e comeza a facer plans para o tempo de lecer. Se non andas moi inspirad@, non te preocupes: nós facémosche o traballo sucio. Estas son as nosas propostas para que enchas a túa axenda mensual.

Gústache a arte, es fan dos mercados ao aire libre ou buscas algunha proposta de cine ou música en directo irresistible que te anime a saír? Sigue lendo e descubre con nós os eventos imprescindibles deste mes.

Joy: el nombre del éxito

J-Law protagoniza Joy

Se che gustou Erin Brockovich, de seguro que disfrutarás con Joy. É a historia dunha muller loitadora, feita a si mesma e emprendedora, que triunfa contra todo prognóstico. Jennifer Lawrence brilla nun papel lonxe do seu rexistro habitual, a carón de Robert de Niro. Unha manchea de nominacións e premios sérvenlle de carta de presentación a esta película.

Cando: 08/01/2016 –

Onde: Cines e multicines

Máis info: facebook.com/JoytheMovie

Palo Alto Market

Palo Alto Market, o mercado urbano de BCN

Os mercados na rúa teñen o seu encanto: botar unha ollada, remexer nos postos, preguntar prezos… E se a iso lle sumamos propostas culturais ao aire libre, food trucks e artesáns de todo tipo e condición, temos a fórmula de Palo Alto Market, o mercado do deseño de Barcelona. Non marches da cidade sen visitar este espazo alternativo cun toque hipster.

Cando: 06/02/2016 – 07/02/2016

Onde: Carrer dels Pellaires, Barcelona

Máis info: paloaltomarket.com

10 Años Noche Sabinera

Sabina está de volta na voz dos seus compañeiros de escenario

Sabina non hai máis que un. Desde que decidiu deixar a carretera,  moit@s son @s que o botan de menos. Para acalmar a nostalxia das súas cancións, Pancho Varona e Antonio García de Diego recuperan -coa axuda da corista Mara Barros- o repertorio do seu compañeiro de fatigas na Noche Sabinera, un espectáculo que cumpre 10 anos. Se es sabineir@, non perdas a ocasión de escoitar de novo en directo clásicos atemporais como “Contigo”, “Y sin embargo”, “Peor para el sol”, etc. Cun pouco de sorte, mesmo poderás subir ao escenario e entonar algunha canción con eles.

Cando: 19/02/2016

Onde: Sala Capitol, Santiago de Compostela

Máis info: salacapitol.com

ARCOmadrid

Un ano máis, chega ARCOmadrid

Dicir arte e febreiro é dicir ARCOmadrid. Na súa trixésimo quinta edición, esta feira internacional fará unha homenaxe á súa historia cunha selección de galerías internacionais comisariadas por María e Lorena de Corral, Catalina Lozano e Aaron Moulton. Ademais -e como é habitual- haberá centos de expositores que farán as delicias de coleccionistas e amantes da arte. Apúntate ás visitas guiadas organizadas pola Fundación ARCO. Son gratuítas.

Cando: 24/02/2016 – 28/02/2016

Onde: Feira de Madrid, pavillóns 7 e 9

Máis info: ifema.es/arcomadrid_01