Cecilia Freire:É bo sinal que me confundan co personaxe”

Cecilia Freire, unha das actrices máis populares da televisión

Nunha enquisa de popularidade, é probable que Cecilia Freire batise récords. Despois de anos e anos curtíndose en curtas e obras de teatro, o novo milenio veu cun pan debaixo do brazo para ela: un papel protagonista nunha das series míticas da historia recente da televisión en España. O resto xa é historia.

A recta final deste 2016 ten unha certa carga emocional para ela. Hai algo de cambio de ciclo no aire, aínda que nas súas palabras non se percibe nin chisco de vertixe. No momento no que Cecilia Freire se prepara para dicirlle adeus para sempre ao seu alter ego en Velvet, conversamos con ela sobre os seus plans de futuro. Xusto despois de recoller o Premio Ondas por este mesmo personaxe, nin o “I.V.E. cultural” é capaz de borrarlle o sorriso.

Coolt.- Tes feito cine, teatro, televisión, e para todo iso levas formándote desde que aos 14 anos entraches na escola de Cristina Rota. Unha actriz nunca remata de facerse?

Cecilia Freire.- Nunca. E creo que iso é do que máis me interesou á hora de elixir a miña profesión. Nunca chegas a tocar teito. A medida que vas medrando, tamén o fan os teus personaxes. Sempre se presentan novos retos: se interpretas un personaxe dunha rapaza que toca un instrumento, terás que aprender a facelo. E digo isto, pero tamén podería ser un idioma, unha forma específica de camiñar, de bicar… Todo empeza e remata con cada novo proxecto.

C.- A pesar de que o público quede cravado nun personaxe ou tenda a confundir á actriz cos seus papeis… Non sei se che resulta un tanto chocante que a xente na rúa crea ter unha idea de como es simplemente a forza de verte na pantalla ou sobre os escenarios. Complexo de personalidade múltiple?

C. F.- En principio, é bo sinal que me confundan co personaxe que estou facendo, significa que creron o truco de maxia. A min faime moita graza que se achegue unha muller no mercado e me diga: “Non te preocupes, cando deixes de pensar que queres quedar embarazada, conseguirás facelo”. Tamén é certo que cando facía Física o Química quizais o sufría máis… A xente achegábase a min como se me puidesen facer bullying, e eu, señores, na vida real teño máis mala hostia [risas].

Cecilia Freire, da televisión á fama
Coñecida polo gran público grazas á televisión, é unha actriz polifacética

C.- O que é innegable é que tes unha intuición especial para aceptar papeles carismáticos, deses que deixan pegada n@s espectadores/-as. Quen non lembra a Blanca de Física o Química? E a Rita de Velvet!

C. F.- Tento aproximarme ao meu traballo con todo o que teño, os personaxes non deixan de proceder dunha folla en branco, e hai que enchelo de corazón e de alma. Nese sentido, non teño límites. Está claro que é unha profesión puramente vocacional, se non converteríase nunha simple tolemia.

C.- Se algo caracteriza ámbolos personaxes é esa tenrura que desprenden, como patiños feos que lle van gañando terreo aos cisnes. Non vai sendo hora de cumprir o teu soño de interpretar a unha muller de armas tomar como Lady Macbeth? Coa túa inclinación cómica, imaxínote en plan anti-heroína ao estilo Cazafantasmas, pero na versión 2016.

C. F.- Non estou de acordo co que dis, en canto a que non identifico aos personaxes que teño interpretado como víctimas. Creo que sería moi difícil reivindicar a alguén desde aí, e máis aínda espertar empatía no espectador. Penso que, como na vida, un tenta non deixar de loitar mentres sortea obstáculos. E na ficción, igual.

É verdade que morro por facer de Lady Macbeth, pero poida que non chegase o momento… Chegará.

Cecilia Freire vén de recibir o Premio Ondas
2016 foi un ano redondo para Cecilia Freire no plano profesional

C.- De tódolos xeitos, desde fai uns días vémoste de novo no cine. Sen caer en spoilers, cóntame cousas de No culpes as karma de lo que te pasa por gilipollas.

C. F.- Cando me dixeron que ía facer da mellor amiga de Verónica Echegui, aceptei sen dubidalo. Espero tamén que chegue o día no que lle fagan unha proba a outra actriz para facer da miña amiga [risas]. É unha película baseada nun libro que colleitou un montón de éxito, esperemos estar á altura! Compartir momentos fóra de cámaras con Elvira Mínguez tamén foi unha auténtica pasada.

C.- Volvendo sobre o tu papel en Velvet, tes recoñecido en varias ocasións que a época na que está ambientado che resulta abafante polo machismo reinante. E na actualidade? Cheira a sexismo na industria do entretemento en España?

C. F.- Neste momento da miña vida, non só me preocupa o sexismo, tamén a comercialización do sexo. É certo que o sexo vende en tódalas profesións, pero é posible que na nosa sexa más evidente porque estamos de cara ao público.

Deberiamos cuestionarnos que referentes teñen os adolescentes, que figuras os inspiran á hora de formarse. Non poden ter só que ver con cantos followers ou likes teñen, ou con quen se están deitando.

C.- Agora que emprender está de moda, Jesús Caba e ti creades en 2012  a vosa propia compañía. La Bipolar é toda unha declaración de amor por este xénero ou é que es das que cren que o teatro off é o último salvavidas da escea en España?

C. F.- O próximo proxecto da compañía La Bipolar está en marcha, esperemos que para 2017 poidamos compartirlo con vós. Esta vez estariamos de actores Jesús Caba, Javier Pereira e eu (os tres coñecémonos con 14 anos na escola de Cristina Rota). O texto está escrito por Daniel Remón, co que xa traballei na curtametraxe Los Cárpatos.

Amo o teatro, pero agora o termo “off” non só significa que non gañas diñeiro, senón que tamén o perdes. Co 21% de I.V.E., volveuse practicamente insostible producir, pero grazas á estabilidade que me deu a televisión, creo que é a miña responsabilidade facelo. Quen dixo medo?

@Ce_FerSan / Fotos: garaytalent.com / Instagram: @garaytalentoficial; @atresmediacom