Como vencer o TAE, a síndrome do inverno

A depresión invernal (TAE) é frecuente

O TAE (Trastorno Afectivo Estacional) é unha realidade que se manifesta sobre todo nos meses de inverno. Tristura, melancolía, cambios no apetito ou no desexo sexual son só algúns dos seus síntomas. Din @s expert@s que se xera pola diminución das horas de sol, e, polo tanto, polo descenso da nosa exposición á luz natural. Así, prodúcese no organismo falta de vitamina D (asociada creación da a serotonina e dopamina).

Trátase xa que logo dun tipo de depresión, que pode superarse variando as rutinas ás que estamos tan (mal) acostumad@s. Tomemos exemplo da xente do norte de Europa e poñámoslle ao inverno boa cara. Para iso, propoñemos 5 tips:

O deporte como solución

Poñernos a enunciar as vantaxes do exercicio físico sería innecesario. Pero un dos seus beneficios é a produción de endorfinas que xeran sensación de benestar. É por iso polo que vencer a preguiza e decidirse a vestirse as mallas pode traer consigo melloras en estética, saúde e ademais, felicidade. E para aquel@s menos amig@s de pisar o ximnasio, a cantidade de alternativas fai que non haxa escusa que valla: jump, combat, crossfit, zumba…: o difícil agora é escoller.

O exercicio físico é útil para combater o TAE
Abrígate e sae dar unha volta, o teu corpo e a túa mente agradecerano

Saír á rúa

Parece evidente, pero ás veces as semanas de choiva poden facer que as nosas incursións  ao exterior se limiten a mercar o pan na tenda de enfronte. Saír á nova cafetería do barrio, facer visitas a familiares e amig@s ou acudir a exposicións e eventos son boas opcións para gozar do lecer mesmo en días de mal tempo. Sobre todo para @s galeg@s.

Respetar os horarios de sono

Durmir as horas precisas é fundamental. E ,ademais, cómpre manter uns horarios rigorosos nos que a hora de ir para a cama sexa a mesma todos os días.  A falta de descanso descontrola o noso organismo e pode xerar ademais ansiedade e malhumor.

Praia en inverno? Escápate!

A ponte de Entroido pode ser a ocasión ideal para esquecer os gorros e as luvas e pasarse ás pamelas e sandalias. A vitalidade e enerxía das zonas de climas máis cálidos son unha das solucións que ofrecen ós profesionais para paliar este trastorno. E é que recargar enerxía baixo o sol de Lanzarote ou uns largos nun areal de Funchal pode ser a mellor solución para calquera mal.

Descansar da rutina é bo para evitar o TAE
E se pos rumbo a un paraíso de sol e calor?

Consultar @ doutor/-a

O TAE é, a fin de contas, unha depresión manifestando os seus síntomas. É por iso polo que poñerse nas mans de profesionais é o máis axeitado. Consultar as súas orientacións e seguir os seus consellos axudarache a facerlle fronte a este trastorno.

María Losada @MariaLosada_