E se os piercings estivesen pasando de moda?

Fai unhas dúas décadas, perforar a pel para lucir un piercing era un sinal de diferenciación, unha marca estética e mesmo toda unha declaración de intencións. Na actualidade, pendentes, dilatacións, earcuffs e compañía están á orde do día. E coa normalidade, adeus ao escándalo…

Non hai mario clixé da adolescencia rebelde que morrer de gana por facerse un piercing. Que tire a primeira pedra quen non ameazase con aparecer pola casa co lóbulo da orella, a lingua ou o embigo furados.

Os "piercings" xa non son o que eran
Milleiros de rebeldes (con ou sen causa) lévanos por bandeira

Pero, en realidade, a historia deste elemento estético pérdese na noite dos tempos. De feito, existen testemuños de que na cultura maia, por exemplo, era habitual levar perforacións nos beizos, o nariz e as orellas, ornamentándoas coas xoias máis caras dispoñibles. Símbolo de ostentación, si, peto tamén un signo do paso da nenez á idade adulta en comunidades ben afastadas dos cinco continentes. Esquimós, mursis, masais, habitantes de Nova Guinea ou sioux seguen observando a antiga costume de honrar a pubertade e a madurez sexual.

En Occidente, as reminiscencias espirituais e tradicionais fóronse esvaecendo, deixando paso a outras connotacións. Os piercings transformáronse na segunda metade do século XX nunha marca identitaria da chamada “contracultura”, caracterizando a grupos como o punk, o gótico ou o hippy. Eran unha manifestación visual dunha certa actitude vital, unha pílula de filosofía persoal en forma de aro, pendente ou gancho de metal.

Hoxe, son un fenómeno global, unha moda máis. Perforar a pel, sexa cal sexa a zona do corpo elixida, é, en moitos casos, unha opción equivalente a tinguir o cabelo da cor que é tendencia ou usar un determinado tipo de calzado. Os piercings pasaron a ser outro complemento ou accesorio estético, ao mesmo nivel ca un bolso, unha barra labial ou un pano ao pescozo.

Moito choveu desde que en 1994 Jean Paul Gaultier presentase unha colección primavera/verán de inspiración hindú, transformando á top Stella Tenant nunha especie de diva do perforado ritual. O impacto entón de tales propostas apenas daría para un par de artigos especializados.

FKA Twigs e Rihanna popularizaron en 2015 o septum, que pasou de ser un complemento cerimonial da tradición india para converterse na guinda da tendencia étnica que triunfaba nas últimas temporadas. Instagram non tardou en encherse de bloggers presumindo desta exquisita decoración no nariz.

Artistas e blogueiras normalizaron os "piercings"
A argola no nariz é a marca persoal de FKA Twigs

Mais coa expansión do normcore, esa sublimación do vestir sobrio, sinxelo e -por que non dicilo- algo aburrido, a paixón polos piercings perdeu intensidade. No vocabulario da indiferenciación, non hai espazo para os delirios decorativos.

@Ce_FerSan / Fotos: Instagram @fkatwigs