É un xersei? É un crop top? É un éxito!

Un "crop top" convertido na prenda de moda

A prenda da primavera é do verán de 2017 é, sen dúbida, a camisa. Off White, Vetements e Jacquemus lideran o renovado interese por ela, reinterpretándoa e levándoa ao extremo. Porén, Fendi propúxose contestar o seu dominio cunha ofensiva gañadora. Así, o seu crop top é a única alternativa capaz de desafiar a paixón camiseira. Non apto para mulleres tímidas.

Se hai un sinal evidente de que unha prenda está destinada a ser un éxito rotundo de vendas é que esta apareza de xeito consecutivo na portada das principais revistas de moda e estilo do mercado internacional. Que biblias como Vogue, Harper’s Bazaar ou Vanity Fair a consideren para os seus estilismos estrela é todo un bautismo de lume. A mellor publicidade posible.

O "crop top" de Fendi non deixa indiferente a ninguén
Fendi xoga á provocación con este xersei

O crop top a raias de Fendi comezou o seu percorrido editorial a finais de xaneiro de 2017, cando se deu a coñecer o número de febreiro de InStyle. Nel, a sempre polémica e prescritora de tendencias Gwyneth Paltrow. Case simultaneamente, Elle UK botaba man do mesmo xersei para vestir a súa modelo de portada. A top Rosie Huntington-Whiteley lucía nela un total look de Fendi no que destacaba a arriscada aposta por un crop top que pouco deixa á imaxinación.

Tal avalancha mediática xerou un efecto chamada, e o universo instagrammer (con Chiara Ferragni á cabeza) adoptou con alegría esta tendencia incipiente, aceptando o desafío de adaptar tal prenda aos estilismos do día a día. Porque se algo caracteriza este crop top deseñado por Karl Lagerfeld para a marca italiana é a súa peculiar forma.

Chiara Ferragni apúntase a lucir o "crop top" de Fendi
Chiara Ferragni, na última Paris Fashion Week

Levamos anos asumindo o eterno retorno dos tops estilo Britney Spears co embigo ao aire, das blusas mexicanas reducidas á súa mínima expresión; pero a proposta de Fendi incorpora un extra de complexidade. E é que, se en aparencia se trata dun xersei curto de manga longa e estampado mariñeiro, a incorporación dunha banda de tea a xeito de ourelo, e dun estratéxico espazo entre este e o corpo da prenda complícao.

O crop top deixa ao descuberto a liña inferior do peito, invertindo o clásico xogo de insinuación co escote. A atención céntrae agora na rexión abdominal, a renovada obsesión de Lagerfeld.

O complicado patrón non foi impedimento para que as principais marcas de roupa low cost se lanzasen á caza do xersei con máis potencial comercial do momento. As versións baratas coinciden, iso si, en aumentarlle algún centímetro ao crop top.

A tolemia desatada por esta prenda de dimensións imposibles vese contrarrestada por voces igualmente críticas. A web de moda e humor Go Fug Yourself, obra de The Fug Girls, poñía en cuestión o seu atractivo, declarándoa recentemente “o peor top” en letras maiúsculas.

Fendi parece inspirarse na célebre máxima de Oscar Wilde: “hai soamente unha cousa no mundo peor ca que falen de ti, e é que non falen”. Pois iso: falemos do crop top do ano, sexa para ben ou para mal.

@Ce_FerSan / Fotos: Instagram @fendi