Hot yoga: claves para entendelo e practicalo

O ioga quente é unha das variantes máis de moda

Cando Bikram Choudhury comezou a súa particular cruzada para difundir a práctica milenaria do ioga, de seguro no podía adiviñar o éxito que había de colleitar andado o tempo. Entre as súas variantes, destacan na actualidade as que se realizan en ambientes quentes e húmidos. O hot yoga está máis en voga ca nunca.

Ás veces, hai avances e descubertas que se producen pola casualidade máis absoluta. Dise que, durante a súa etapa de mestre en Xapón, Choudhury sufriu os rigores do frío. Seis horas de relaxación, mantendo posturas máis ou menos complexas, non ambiente xeado era todo un reto. Para poñerlle solución, incorporou ás clases uns cantos radiadores. E así, sen pretendelo, descubriu o xeito de aumentar a flexibilidade d@s discípul@s, capaces de adoptar os asanas con facilidade. O nivel de satisfacción era tal que na apertura do seu primeiro estudo en San Francisco en 1972, a calefacción xa formaba parte do mobiliario. O ioga Brikram é, en esencia, sinónimo de hot yoga.

O "hot yoga" é, en esencia, o ioga Bikram
Inspira, expira e libera a túa mente co ioga quente

Este debe practicarse nunha determinadas condicións de calor (entre 40 e 42º C) e humidade (do 40%), tratando de reproducir o clima propio da India, o berce desta disciplina. Mark Drost é, despois do propio Bikram Choudhury, un dos seus maiores representantes. Este mestre yogui e experto meditador é o inspirador do método de ioga californiano, especializado na calor de tipo ecolóxico.

Macarena Cutillas,  experta e pioneira do flow hot yoga en España, considera que esta técnica é

unha forma completa de manterse en forma mediante “cardio”, forza, resistencia,  flexibilidade, equilibrio e respiración, sen necesidade de practicar nada máis.

No seu estudo madrileño, Californian Hot Yoga, ofrécense sesións de 90 minutos compostas por dous exercicios de respiración e 26 asanas tirados das 87 posturas do hatha yoga tradicional, repartidas en series de pé e no chan.

Moi popular desde os anos '70, o "hot yoga" gaña fans
Sigue as ensinanzas de Bikram Choudhury e aprende a practicar este ioga

A elevada temperatura e a humidade do espazo poden resultar abafantes, poñendo a proba a vontade e a resistencia de quen se achega por primeira vez a este tipo de técnica. Nese contexto, o único importante é centrarse na respiración, clave para seguir o fío da clase. E desa esixencia derívase unha das grandes vantaxes do hot yoga: unha profunda limpeza mental.

Practica hot yoga se…

Queres coñecer de preto a variante máis popular e unha das máis efectivas desta disciplina india. Seguindo as ensinanzas do mestre Choudhury, poderás aproveitar os principais beneficios de incorporar calor ás posicións de relaxación:

  • A suor é coñecida por contribuír a desintoxicar o organismo, eliminando toxinas a través da pel. Se algo farás co hot yoga é, precisamente suar. E moito.
  • A calor ambiental favorece o quecemento dos músculos, afastando o perigo de sufrir unha lesión e permitíndoche ao mesmo tempo profundizar na práctica. Notarás unha maior elasticidade ao adoptar cada astana.
  • A elevada temperatura servirache tamén para activar o metabolismo, estimulando a queima de graxa e, polo tanto, a perda de peso.

Ademais, esta modalidade ten en común co ioga tradicional que mellora a concentración, a paciencia, a calma e o autocontrol. É unha excelente ferramenta para combater o estrés e a ansiedade, así como os estados depresivos.

Hot yoga para tod@s?

As posturas que inclúe esta técnica son básicas e, polo tanto, accesibles para o público en xeral. Porén, @s especialistas advirten que a combinación de calor e exercicio está especialmente contraindicada nos seguintes casos: en doentes con problemas de corazón, sobre todo se foron operad@s, ou en persoas que sofren de varices.

@Ce_FerSan