Julia de Castro:O cuplé serve para facerse preguntas”

Julia de Castro é a renovadora do cuplé

Se hai algo que define a Julia de Castro é que non resulta indiferente. Ela deixa pegada ao seu paso, pero non ao xeito bárbaro de Atila. As armas dela son, máis ben sutís, aínda que igualmente poderosas, e pasan en primeira instancia por un discurso -o modulado a través das letras das súas cancións- cru, rebelde e honesto. Sobre os escenarios, cántalles a amantes e experiencias vividas no reducido espazo da intimidade. Porque Julia de Castro é a herdeira 2.0 da tradición do cuplé español. O descaro, a provocación e a liberdade sérvenlle de bandeira.

E a súa autonomía creativa e expresiva traspasa as fronteiras do puramente musical. Ela é unha artista total, unha firme defensora da arte como motor de cambio social. Mágoa que, segundo afirma, esteamos a perder o interese pola subversión cultural que axudou a espertar a España da Transición. Porén, ela non perde a esperanza.

Mentres se prepara para darlle o asalto definitivo ao Teatro de la Zarzuela de Madrid en maio, debúllanos de onde vén e a onde vai a metade esencial de De la Puríssima. A nós tan só nos queda dicirlle amén.

Coolt.- Oito décadas máis tarde, o cuplé renace en España, malia que non moita xente sexa capaz de enumerar nin 3 nomes de cupletistas. A que atribúes ese novo interese polo xénero?

Julia de Castro.- Es moi optimista. O interese xerouse nun público máis ben reducido ao que chegamos. Ben, Miguel Rodrigáñez [a outra metade de De La Puríssima] e eu, desde a nosa parcela, reclamamos este xénero como imprescindible para entender a difusión do jazz neste país. De La Puríssima leva xa uns cantos anos subliñando e avivando esa chama. Eu creo que agora empeza a dexergarse que o cuplé non é só Sara Montiel.

Julia de Castro é a voz de De la Puríssima
Do jazz ao cuplé, os seus referentes artísticos son ben eclécticos

C.- Insistes en desmarcarte do burlesque e do cabaré, declarándote debedora das cupleteiras, ás que defines como as primeiras performers da historia.

J.d.C.- Así é. Por que imos recorrer a estes xéneros musicais importados, cando nós temos un propio? As cupletistas cantaban e espíanse (ou non) ao mesmo tempo. As súas performances eran dunha rabiosa modernidade.

C.- O cuplé é o mellor diván para psicoanalizarse?

J.d.C.- O cuplé serve para facerse preguntas. Antes, as letras non daban respostas, senon que se deixaban no aire para pasar a censura. Hoxe eu podo facer preguntas e respondelas ao mesmo tempo. Hai xente á que lle valen, hai xente á que non, á que o que máis lle gusta é que lle abren un espazo de debate. A infidelidade é clave para ter unha relación duradeira? SI [afirma, rotunda, mentres soa de fondo “El infiel”].

C.- As letras dos teus temas debullan vivencias moi íntimas, cargadas de contido sexual. Aínda choca que unha muller fale con naturalidade e honestidade sobre a súa sexualidade?

J.d.C.- Depende das experiencias de cada un. Pero si é certo que impacta cando non vén desde a recriminación ou a ironía -como estamos acostumados-, senón que as trato desde a absoluta honestidade. Ultimamente, pregúntolle “de xeito retórico” ás mulleres nos concertos cantos orgasmos por penetración teñen tido. Eu mesma me expoño nunha das miñas cancións. Gústame a proximidade que iso xera entre nós. Ao rematar, achéganse mulleres para falarme do tema. Agradécenmo, o que lle dá outra dimensión ao espectáculo, que non só se cingue ao musical. É un acto de valentía; todo o artístico conleva ese risco.

A posta en escea de Julia de Castro é puro cabaré
O tratamento da sexualidade sen censura, clave nas súas cancións

C.- A túa patria pequena, Ávila, é unha referencia constante nas túas reflexiónss. A miúdo refíreste ao seu carácter pechado e ao seu conservadurismo. Tan puritana é Ávila? Herdanza de Santa Tareixa?

J.d.C.- Santa Tareixa é unha gran referencia. É a muller máis sacrílega da historia do catolicismo. As súas Reflexiones sobre el Cantar de los Cantares foron un escándalo. A súa vida, en xeral, foi un atentado á moral católica. Coma o cuplé, a historia de Santa Ta reixa foi contada desde a condescendencia do patriarcado. Ávila é pechada e provinciana. É así; eu odiábaa. Agora empezo a reconciliarme co inmobilismo que representa, a deixar de querer cambiala. Abóndame con cambiar eu.

C.- E agora que falamos de relixión, ten moita presenza nos traballos de De La Puríssima. De Virgen a “Santa Frívola”, as “sagradas aparicións” da banda están cheas de referencias relixiosas, non?

J.d.C.- Bebo desa fonte. A relixión, teño que recoñecer que non me pesa tanto como á miña nai, que a viviu dunha forma máis imposta. Por iso, podo ver a beleza no imaxinario e nos seus valores.

C.- Hai quen vos aplica o cualificativo de “neo-realismo madrileño”, puro “canalleo” nocturno. De la Puríssima lidera unha nova Movida?

J.d.C.- En absoluto. De feito, ese adxectivo tan gabador usábase nos nosos comezos porque cantabamos en italiano e en napolitano. Foi clave para chegar ata o cuplé.

Fronte á mentalidade conservadora, Julia de Castro rebélase
Julia de Castro defende o espido como recurso liberador

C.- Aínda que para movida, a túa performance da man de Javier Giner polas rúas de Barcelona ao estilo Ventura Pons. El lamentábase da reacción popular, máis reaccionaria ca nos anos ’70. Que paradoxo.

J.d.C.- Si. Nos ’70, España era un lugar moi inxenuo e permeable. Canto menos, esa Barcelona que observaba a un Ocaña libre. Hoxe somos desconfiados, estamos tan esgotados de que todo o mundo nos queira vender algo que non podemos distinguir entre o auténtico e o produto. É a época que nos tocou vivir; ten outras vantaxes.

C.- Admites que a actuación te seduce. A fin de contas, o show de De la Puríssima ten tamén moito teatral. Algún papel no horizonte inmediato?

J.d.C.- Presentamos un adelanto do disco, Sonora, o 9 de maio no Teatro de la Zarzuela. Isto vaime ter entretida un tempo. Pero esta tarde séntome a ler unha obra de teatro, precisamente, dunha galega. Igual pronto subo a un escenario como actriz, que o boto moito de menos.

@Ce_FerSan / Fotos: ©Yago Partal