Libros que te reconciliarán coa humanidade

Velaquí 5 libros que son leccións de vida

Como na moda, hai libros que son tendencia. Obras que dan que falar durante un tempo, mesmo toda unha temporada, antes de ir esvaecéndose pouco a pouco ata desaparecer dos andeis das librarías e da memoria d@s lectores/-as. Outros, sen embargo, conseguen transcender momentos e correntes para constituír o equivalente a ese fondo de armario ao que recorrer en caso de necesidade.

Os temas que tratan estes libros son moitos e moi diversos, mais, se algo teñen en común, é o seu lúcido tratamento das cuestións esenciais da humanidade. Así como O principiño ou A revolta dos animais aínda nos serven hoxe de molde para explicar e explicarnos a natureza das persoas, coas súas luces e sombras, está a xurdir na actualidade toda unha vaga de dignos herdeiros desa tradición humanista.

Esta é a nosa selección. Léase en caso de emerxencia vital.

Tiene que ser aquí 

"Tiene que ser aquí", un libro que explica a esencia do ser humanoDaniel Sullivan e Claudette Wells son unha parella razoablemente feliz que vive na campiña irlandesa. Ela é unha estrela de cine que decidiu mudar a fama polo anonimato da vida no campo. A súa idílica vida, traballosamente construída entre ambos os dous, cambalearase cando Daniel saiba, dun xeito casual, dunha muller coa que non mantiña ningún contacto desde facía vinte anos. Este achado poñerá a proba a fortaleza do seu matrimonio.

Tiene que ser aquí realiza o retrato dunha parella, do que os une e das presións que ameazan con separala, ao tempo que fala de todo o que deixamos atrás e en que nos convertemos ao tempo que buscamos o noso lugar no mundo.

O’Farrell, Maggie. Tiene que ser aquí. Libros del Asteroide. Barcelona, 2017. 472 páxinas.

Ya vamos 

Ao recibir a noticia da norte da súa mellor amiga do instituto, Nora foxe cos "Ya vamos", un libro que reflexiona sobre a esencia do ser humanoseus tres amantes á beira do mar. Pola noite espértana os ataques de pánico e o seu cuarteto amoroso ameaza con virse abaixo. Narra a súa fuxida cara diante nun diario, esperando que volva o seu terapeuta. Pero parece non haber esperanza e o pasado imponse cada vez máis.

Ya vamos é un libro radical, poético e cruel a partes iguais, que fala da dor de medrar e madurar.

Von Rönne, Ronja. Ya vamos. Alianza Editorial. Madrid, 2017. 184 páxinas.

Mocidade sen deus

"¨Mocidade sen deus", un libro que reflexiona sobre a esencia do ser humanoEsta novela conta o debate interno dun mestre ao que se lle esixe que eduque moralmente aos seus alumnos para a guerra. Reprende a un alumno por un comentario racista nunha redacción e recibe as ameazas do pai do rapaz e a censura do director do centro. Humanista activo, fai frente ao totalitarismo sen que, finalmente, lle importe perder o seu emprego nin o seu posto na sociedade.

Escrita en 1937 e prohibida polo réxime nazi ao ano seguinte, Mocidade sen deus dá testemuño do embrutecemento xeneralizado da sociedade, reflectido no comportamento fascista dunha clase de escola.

Von Horváth, Ödön. Mocidade sen deus. Irmás Cartoné. Santiago de Compostela. 2017. 216 páxinas.

No he salido de mi noche 

No he salido de mi noche é a confesión dunha filla estupefacta ante a "No he salido de mi noche", un libro que reflexiona sobre a esencia do ser humanoenfermidade da súa nai. A autora transcribe os momentos compartidos coa súa proxenitora na residencia de anciáns onde se ve obrigada a ingresala tralo avance do Alzheimer.

“No he salido de mi noche” son as derradeiras palabras escritas pola nai de Annie Ernaux e reflicten a aflición dunha muller ao comezo da súa doenza e o longo e pesaroso camiño para quen padece este mal e para a súa familia.

Ernaux, Annie. No he salido de mi noche. Cabaret Voltaire. Madrid, 2017. 129 páxinas.

Cómo comportarse en la multitud

"Cómo comportarse en la multitud", un libro que reflexiona sobre a esencia do ser humanoO protagonista desta novela, Isidore Mazal é o menor de seis irmáns, auténticos xenios todos eles. As súas vidas toman forma a medida que este adolescente nos vai contando os feitos desde o seu punto de vista inocente e, ás veces, cruel. A empatía de Isidore, combinada cunha profunda rabia, fai que @ lector/-a se sumerxa no interior da vida dun neno perplexo co mundo dos adultos que comprende que están tan perdidos coma el.

Cómo comportarse en la multitud é unha fascinante comedia negra que trata da confusión da adolescencia e das loitas para facerse maior, a través dunha visión amable da humanidade.

Bordas, Camille. Cómo comportarse en la multitud. Malpaso Ediciones. Barcelona, 2017. 288 páxinas.

Fotos: librosdelasteroide.com, alianzaeditorial.es, irmascartone.com, cabaretvoltaire.es, malpasoed.com