María Rosenfeldt:O feminino pode ser cursi e forte á vez”

Entrevistamos á deseñadora emerxente María Rosenfeldt

De nena (e non tan nena) tocaba a arpa coa secreta intención de darlle marcha. Tamén por aquel entón, comezaba a deseñar traxes, e non precisamente para entreterse vestindo bonecas. Tiña ansia de moda, e mesmo fantasiaba con chegar a ter roupa de firma. O expediente de María Rosenfeldt está sementado de aspiracións extraordinarias que revelan unha personalidade nada ordinaria.

Este fervello creativo é por mérito propio un nome recorrente nas listas d@s deseñadores e deseñadoras emerxentes que non deberiamos perder de ollo. E, cando a piques está de coñecerse se a súa marca, Heridadegato, é premiada pola revista Vogue España como a rookie do ano, Rosenfeldt reforza as súas posicións ao abeiro do seu fiel equipo.

As súas referencias van desde o romanticismo ao punk, e desde Marques’Almeida, Faustine Steinmetz, Echkaus Latta a Lexie Smith. Todo por unha moda colorida, orgullosa. Feminista.

Coolt.- Heridadegato está entre @s doce finalistas de Who’s On Next 2018. Á segunda vai a vencida?

María Rosenfeldt.- Veremos a ver que pasa! O meu equipo e mais eu estamos traballando con toda a gana do mundo. É un concurso que che fai reflexionar moito sobre o teu traballo e traxectoria.

María Rosenfeldt ábrese camiño na moda española
Forza, fantasía, amor e un traballo honesto e real: ese son para ela os piares da marca

C.- Despois dun lustro de traballo, afirmas que a marca se atopa nunha especie de punto de inflexión. Cara onde se encamiña?

M. R.- Agora mesmo, encóntrase nun renacer marabilloso. Estou gozando ao máximo deste momento. Teño un equipo estupendo, e estamos facendo moitísimos proxectos ademais das coleccións.

C.- Manexas o concepto “Heridadegato gang” con frecuencia, implicando a estilistas, patronistas, fotógrafos do teu círculo no día a día da firma. Cal é a estrutura actual do equipo?

M. R.- Heridadegato é como unha gran familia que se divirte facendo o que máis lle gusta. Actualmente, somos unhas oito persoas. Sempre me gusta contar cun  equipo grande, iso fai que flúa a enerxía e se xeren ideas sen parar. Agora, traballo co fotógrafo e estilista Víctor Vergara, que é un gran amigo meu e entende a marca case mellor ca min. A miña man dereita é Lucía Herrero. Ela axúdame con todo e é un dos piares da firma.

C.- Cando falas do teu proceso creativo, explicas que o punto de partida son normalmente os tecidos e as texturas. Como se chega de aí á prenda final?

M. R.- Unha vez que teño os tecidos, comezo a probar siluetas sobre o maniquí, miro as miñas referencias… O último que fago é debuxar a colección en canto están todas as prendas acabadas.

C.- A propósito de materiais, defendes o uso de fibras éticas y tecidos orgánicos. Ata non fai tanto, “moda sostible” remitía a miúdo a propostas nas que primaba o fondo sobre a forma. Coleccións como a túa para a primavera/verán 2018 libéranse dese sambenito a base de cor, delicadeza e accesibilidade. Proba de que o comercial e o ecolóxico son compatibles?

M. R.- Desde logo. Ademais, tampouco me gusta poñer a etiqueta de que Heridadegato é unha firma ecolóxica e ética. Prefiro dar por feito que é así como teñen que ser as cousas.

C.- Explícame iso de que che gustaría ofrecer un produto de proximidade, ao estilo praza de abastos.

M. R.- Gústame estar enriba de todos os procesos de produción das miñas prendas, por iso o fago todo no meu estudo e en talleres de Madrid, onde podo ser eu mesma quen realice o control de calidade. Encántame recibir a clientas e clientes alí e ter en persoa o seu feedback.

Creo que, cada día máis, hai que volver ás orixes da profesión e ao trato persoal.

C.- Volvendo sobre a túa colección P/V 2018: o tratamento da paleta cromática e dos tejidos dálle unha luminosidade moi particular a las prendas. Defínelas como femininas e cursis, pero en sentido positivo. As mulleres fortes que reivindicas como target baixan a garda?

M. R.- Penso que ser feminina e feminina son dúas cousas que poden ir da man. O poder do feminino pode ser cursi e forte á vez.

C.- Nun recente editorial de moda en I-D Spain, os deseños de Heridadegato vestían tanto a homes como a mulleres, indistintamente. O futuro escríbese en termos gender fluid?

M. R.- Non me gusta poñer etiquetas, quero que calquera persoa que se sinta representada polas miñas prendas as poida poñer sen importar o seu sexo.

María Rosenfeldt defende unha marca con valores sólidos
As coleccións de Heridadegato presentan deseños voluntariamente ambiguos

C.- Teño entendido que estás inmersa nun proxecto persoal sobre el zodíaco. Poderías adiantarnos algo sobre el?

M. R.- Pois é un proxecgo editorial que estou facendo co fotógrafo Alex Cascallana e a artista Rocío Madrid. Estamos creando una publicación sobre o zodíaco oonde retratamos a persoas vestidas de Heridadegato, aínda que tamén van entrevistas e cuestionarios feitos ás personas retratadas. O tema da astroloxía gústame moitísimo e sempre quixera facer algo relacionado.

C.- Levo toda a entrevista reprimíndome, pero é inútil. Impórtache que che pregunte -por milésima vez- polo día no que a estilista de Solange Knowles chamou á vosa porta?

M. R.- Foi todo a través de Instagram; eu pensaba que era unha broma! Pero, ao ser consciente de que era real case me dá algo. Cando vin o vídeo, chorei moitísimo. É precioso.

@Ce_FerSan | Fotos: Víctor Vergara ©