O arco da vella tingue tamén as hamburguesas

Colette marca tendencia cunha hamburguesa azul de despedida

Primeiro foi McDonald’s e a súa edición limitada de hamburguesas vermellas e verdes co gallo da estrea na China da película Angry Birds (2016). Logo chegou Blend e a súa homenaxe gastronómica a Colette hamburguesa azul mediante. Atopámonos ante unha nova tendencia foodie? O tempo -e os nosos estómagos- teñen a última palabra.

Pero sexamos rigoros@s: a pioneira nesta vertente creativa do maior éxito culinario exportado polos Estados Unidos foi a Whopper que Burger King comercializou en 2015 co gallo de Halloween. Como non podía ser doutro xeito, naquela ocasión o pan foi tinguido de negro, que, á fin e ao cabo, non é senón o resultado da suma de todas as cores primarias. O que se di un arco da vella á inversa.

Para conseguir un ton tan sinistro, os boliños afumábanse con carbón de bambú (aínda que logo soubemos que iso só se facía no Xapón, e que en Europa e nos Estados Unidos a fórmula era algo menos exótica: colorante artificial e… listo!).

Así que, entre edicións limitadas de Burger King e McDonald’s, foise creando un biótopo ideal para a proliferación de hamburguesas experimentais.

As hamburguesas de cores esténdense
Non só en Malasaña se poden degustar hamburguesas de cores, tamén en Takk Burgerbar (Zaragoza)

E para darle o empurrón definitivo á tendencia, chegou o chic francés para bendicila. Que a mítica tenda multimarca de luxo Colette decidía botar o peche co final do ano 2017? Pois en Blend, undos locais de hamburguesas gourmet de máis sona de París, planificaban un tributo culinario en toda regra inspirándose na súa imaxe corporativa.

Os dous círculos azuis do logotipo de Colette foron o punto de partida do modelo FAREWELL (“adeus”, en inglés), cuxo pan reproducía o ton Pantone 293C, correspondente a un azul eléctrico de aparencia case radioactiva e irresistible á vista.

As hamburguesas azuis son a nova moda
A hamburguesa Colette é pura sofisticación

Desde finais de setembro ata o 20 de decembro (data do peche definitivo das tendas), Blend puxo á venda esta exclusiva hamburguesa, servida no non menos exclusivo Colette Water Bar. Entre as dúas metades de pan -nótese que mesmo a súa forma circular concordaba co símbolo da marca-, unha serie de ingredientes á altura do deseño. A primeira versión de FAREWELL levaba carne, queixo suízo, cebola en caramelo e nunha compota de vinagre balsámico, queixo azul, maionesa e espinacas tenras. A outra opción, algo menos experimental, elaborouse con carne, queixo cheddar, ketchup, mostaza de mel e leituga.

Unha despedida deliciosamente fotoxénica, á altura dunha das “tendas máis inspiradoras da historia”, segundo explicaban en Blend.

Blend elaborou unhas hamburguesas azuis para Colette
O icónico azul de Colette levado ao terreo das hamburguesas

A nós só nos queda preguntar: a que saben as hamburguesas azuis, vermellas, amarelas, verdes etc.?

@Ce_FerSan | Fotos: Instagram @blend, @takkburgerbar