“Tuiteratura” ou como crear arte en 140 caracteres

Desde que Twitter é Twitter  tivemos que acostumarnos a ir pola vida escribindo e descifrando mensaxes de 140 caracteres. Tod@s sabemos que é algo non falto de dificultade, tendo ás veces que recorrer incluso ás abreviaturas (por moito que xuraramos unha e mil veces que non o fariamos). Pois ben, malia que o común d@s mortais sufre para desenvolver unha actividade minimamente coherente nesta rede social, hai valentes que conseguen dominar as súas regras e facer das súas mensaxes pequenas obras de arte. É a “tuiteratura”.

A Tuiteratura é o formato preferido por escritores 3.0
Twitter é o terreo da inmediatez, do contacto directo

Moit@s d@s escritores/-as nacionais e internacionais máis famos@s son asidu@s desta plataforma dixital, tendo ademais miles de seguidores/-as que esperan como auga de maio unha liña da súa dose periódica de “tuiteratura”. Bos exemplos disto son Arturo Pérez-Reverte e Stephen King. O importante nestes casos non é soamente esas “pílulas artísticas” que van soltando de cando en vez, senón tamén a interacción co resto de usuari@s desta rede social (aínda que ás veces se enreden en polémicas e discusións).

No extremo contrario ao da fama atopamos a quen utiliza Twitter non só para dar a coñecer os seus pensamentos, senón como medio para darse a coñecer como escritor/-a. O feito de que sexa unha ferramenta ao alcance de todo o mundo, gratuíta e de manexo intuitivo, facilita que xente que doutro xeito tería complicado publicar, se atreva e se lance á aventura “tuiteraria”.

“Tuiteratura”: Dise da arte de escribir  – sempre dentro dos límites de extensión e do formato de Twitter – un microrrelato. Sinxelo? Non.

Facelo supón un reto: hai que escribir en 140 caracteres algo que denote un certo estilo. Ademais, trátase de “facer comunidade”, é dicir, conseguir un volume considerable de fieis incondicionais (ou case). Tamén é necesario estar ao día sobre o mundo editorial en xeral, seguir a outr@s escritores/-as (e explorar a posibilidade de establecer sinerxías con eles ou elas), a editoriais, estar pendente de novas publicacións e, por suposto, facer un bo manexo da plataforma para así conseguir respostas e rechíos que incrementen a visibilidade das mensaxes.

Twitter permite escribir e publicar contidos poéticos en calquera lugar
A “tuiteratura” aliméntase de aforismos e frases lapidarias

Son moitas as editoriais que utilizan esta rede social para buscar novos talentos aos que publicar, e para iso non só teñen en conta a calidade da escrita, senón tamén o feedback d@s usuari@s. Canto maior e mellor sexa, máis interese espertará @ “tuiteir@”.

A falla dunha estatística certa, o caso é que dá a sensación de que a maioría d@s tuiterat@s son mulleres. Será que a maquinaria editorial segue favorecendo máis aos homes, polo que elas vense abocadas a procurar outras fórmulas para darse a coñecer? Sexa cal sexa o motivo, algunhas delas regálannos perlas como as seguintes de Paula S: “Te vas a morir de apetecerme”. “La amistad no existe. Eres tú y otra persona creando un pequeño universo de calor y seguridad”. Cun aire máis taciturno e filosófico, Silencio describe dunha maneira sinxela o paso da vida: “Tal vez madurar sea aceptar que no siempre se gana”. “Quizá nos duele tanto la vida porque no le pusimos tiritas a tiempo”. Yomisma prefire centrarse nos sentimentos, escribindo chíos relacionados coa temática amorosa: “La terrible paradoja de odiar el recuerdo de las caricias que nos hacíamos, cuando nos queríamos tanto”. “El amor es ese tiempo que pasa entre el primer polvo y la primera discusión”.

Lara Santomé @lara_sanro