Na era dixital todo o mundo cre que pode ser crítico de moda.

Suzy Menkes

A moda trátase de soñar e de facer que outras persoas soñen.

Donatella Versace

A única elegancia verdadeira está na mente.

Diana Vreeland

Co paso do tempo, aprendín que o importante nun vestido é a muller que o viste.

Yves Saint Laurent

A moda é a linguaxe instantánea.

Miuccia Prada

A elegancia é eliminación.

Cristóbal Balenciaga

Cando non vistes como o resto, non tes que pensar como o resto.

Iris Apfel
 

A elegancia é o equilibrio entre a proporción, a emoción e a sorpresa.

Valentino

Se podo ter algunha repercusión, quero que as mulleres se sintan ben consigo mesmas e que se divirtan coa moda.

Michelle Obama

A sinxeleza é a maior sofisticación.

Leonardo da Vinci

A roupa non vai cambiar o mundo; as mulleres que a visten, si.

Anne Klein

Os deseñadores propoñemos cousas e é a xente a que as transforma en moda cando as acepta.

Adolfo Domínguez

O estilo é saber quen es, que queres dicir, e que non che importe nadiña.

Orson Welles