VizEat, a app que te leva de convite polo mundo

VizEat é o AirBnB das cociñas

Primeiro foi Airbnb, quen nos descubriu as virtudes da economía colaborativa para aforrar uns cartos sen ter que renunciar ás nosas ganas de viaxar e de hospedarnos en lugares chulos. Logo, Uber axudounos a buscar unha alternativa económica ás tarifas abusivas dos taxis compartindo vehículo. Agora chega o momento de VizEat, para gozar das cociñas do mundo sen ter que pasar por restaurantes sobrevalorados. Entra, estás convidad@ á mesa de calquera chef… afeccionad@.

VizEat é a app de social dining que marca tendencia
Non hai nada máis desestresante ca unha boa comida caseira

FoodTech Magazine, especie de biblia da tecnoloxía alimentaria e a alta gastronomía, nomeou o social dining a tendencia máis en voga no ano 2015. E á vista do número de proxectos que están a agromar arredor del, o diagnóstico non vai desatinado. Despois da aterraxe en Madrid e Barcelona de EatWith e Social Eaters, o pasado maio chegou VizEat para darlle o empurrón definitivo. O seu obxectivo? Reunir a “persoas apaixonadas que queren facer da comida un momento de intercambio, convivencia e descubrimentos”, porque -antes de que WhatsApp, Facebook e Instagram irrompesen nas nosas vidas- a mesa era a nosa única rede social.

A fórmula de VizEat non dista moito da de outras plataformas que explotan as posibilidades da economía colaborativa. Unha páxina web, coa súa correspondente app, encárgase de conectar a viaxeir@s que buscan unha experiencia gastronómica diferente e a amantes da boa mesa que gozan cociñando para propios e alleos. Só hai que rexistrarse como anfitrión ou anfitrioa e presentar os servizos amateur que se ofrecen creando un anuncio do evento. O obxectivo primordial é participar -compartindo os gastos- nun serán máis auténtico, persoal e orixinal arredor dunha mesa chea de comida caseira. Nota: VizEat queda cunha pequena porcentaxe dos ingresos xerados (non todo había de ser boas novas).

Só queda establecer o menú, marcar o prezo e agardar a que @s viaxeir@s cliquen e fagan a reserva. Entre as informacións útiles que inclúen os anuncios están: o número mínimo e máximo de convidad@s que se aceptan, o tipo de comida, a hora da cea, as datas dispoñibles, a capacidade total e o perfil persoal d@ anfitrión/-oa. Ah! Hóspedes desconfiad@s e indecis@s teñen a posibilidade de contactar c@s chefs directamente a través da web para asegurarse de que non queda nada ao azar.

En 50 países, VizEat ten xa 1500 usuarios
Gústache cociñar e recibir xente na casa? Entón es carne de VizEat

Un mes despois do seu lanzamento, VizEat contaba xa con máis de 50 usuari@s en España dispost@s para acoller turistas desexos@s de probar. Segundo os estudos de mercado feitos por esta start-up de orixe francesa, máis do 50% d@s españois e españolas estaría dispost@ a organizar ceas para descoñecid@s. E a rica tradición culinaria do noso país, xunto co encanto da comida caseira, son un reclamo inmellorable para turistas que buscan ir un paso máis aló dos tradicionais circuítos gastronómicos.

Despois de colleitar un grande éxito en Italia, VizEat planea xa o seu desembarco en Alemaña e Reino Unido. Mentres tanto, está dispoñible para social eaters que planeen visitar, por exemplo: Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao ou Santiago de Compostela.

@Ce_FerSan / Fotos: Instagram @vizeat